jueves, 28 de abril de 2011

Francés:é o día da muller

O Departamento de Francés, en colaboración con titorías, pensamos que sería interesante facer un traballo sobre a muller francesa. Esta é a nosa aportación:

martes, 26 de abril de 2011

Memorias dun neno labrego. Esta é a obra que lemos no Club de Lectura. Para traballala na xuntanza imos utilizar as actividades

sábado, 23 de abril de 2011

Revista Rapazas

O Concello de Lugo pón a disposición de todos nós un interesante material para traballar a violencia de xénero, a revista inclúe test tanto para mozos como mozas, para que valoren a relación que manteñen cas súas parexas, se é sa ou pola contra mostra índice de maltrato.
A publicación foi ideada, diseñada e elaborada pola pedagoga da Casa da Muller, Belén Regueiro.
No seguinte enlace así como na Aula Virtual do Centro, en na Biblioteca, e carpetas de titorías tendes a vosa disposición dito exemprar.

viernes, 22 de abril de 2011

Mediambiente

Como xa sabedes o equipo da Biblioteca propón varias actividades para realizar en Proxecto, pero tamén recomendamos algunha páxinas de interese non só para a Proxecto, senón que tamén poden ser de interese para traballar na titoría.
Como Climática, un web da Xunta moi interesante ou o Proxecto Interdisciplinar levado a cabo polo IES de Guitiriz.

Proxecto Interdisciplinar

No noso IES e habitual que o titor d e1º da ESO ademáis de Proxecto Interdisciplinar , onde a equipo da Biblioteca colabora e coordina, este ano estamos a levar a cabo o proxecto:Coñece a túa comarca. A Ulloa, que se está a materializar nun blog co mesmo no nome.






Ademáis da habitual proxecto de formación de usuarios; Coñece a túa Biblioteca.

Na entrada "As casas do meu pobo" facemos un avance do proxecto Interdisciplinar que nos gustaría levar a cabo para o curso que vén.




El circo de las mariposas

A continuación facémosvos un recomendación para traballar varios temas, atoestima, superación persoal, ou broma e burla.
Trátase da curtametraxe "El circo de las mariposas", que podedes traballar con diferentes cursos como 1º para traballar a broma e a burla e con 3º co alumnado que sufre unha crisis vocacional, en calquera caso proporcionámosvos fichas para traballar o tema segundo desexedes.



Para traballar en 1º ciclo:



En segundo ciclo podedes traballalo dende a perspectiva da motivación visitando o seguinte enlace :
http://circodelasmariposas.wordpress.com/motivacion/

El Circo de Las Mariposas Material para el Aula



Tamén vos recomendo ver esta entrevista-minidocumental sobre o protagonista:

jueves, 14 de abril de 2011

As casas da miña aldea

Proponse a seguinte actividade:

1º.-Citar as casas da túa aldea ou parroquia tendo en conta os seguintes aspectos:

__Distinguir as de recente construción das antigas e poñer o nome de todas
__Estudar a relación dos nomes en función coa época de construción da casa
__Clasificar os nomes segundo fagan referencia a oficios, ubicación xeográfica, motes, defectos físicos, estado civil...
__Facer unha referencia especial as "casas sociais": rectoral, casa-escola...
__Dividir as casas en dous grupos: habitadas e deshabitadas . Explicar cal é o motivo polo cal están deshabitadas.

2.- Realizar pequenas maquetas do pobo, antes e despois.

3.- Facer un blog co material elaborado.

Violencia de género






Actividades para prevenir la violencia de género


Actividades para prevenir la violencia de género en la tutoría: no te las pierdas. Tenemos material clasificado por curso: 1º, 2º, 3º y 4º ESO.

También podemos escuchar y comentar las siguientes canciones:
"Malo" de Bebe
http://youtu.be/ybkY6kEz-CM

"Salir corriendo" de Amaral


"Ella" de Bebe




"Se acabaron ya las lágrimas" de Huecco y Hanna

http://youtu.be/2WO55sMR8rg

Se queres traballar o curto de Iciar Bollaín:
http://www.nodo50.org/filosofem/spip.php?article60

De todo un pouco

Propoño esta entrada, que titulei: De todo un pouco, subvencionada pola Consellería de Educación da Xunta de Extremadura, onde se poden atopar temas moi variados para traballar na hora de titoría (que estudiar despois, tabaquismo, sexualidade, educación vial...)

PLAN DE ACCIÓN TUTORIAL INTERACTIVO SEGUNDO CICLO

Camiñan descalzas polas rochas


Este libro recomendámolo para traballar nas clases de titoría. Podemos tratar temas como a violencia de xénero, a violencia sexual...

Falemos de drogas




En 4º da ESO é interesante, para tratar o tema das drogas, facer unha visita virtual a través da páxina relacionada coa exposición Falemos de drogas, da Obra Social "La Caixa".



Esta visita proporciona máis información sobre as drogas, sobre o seu impacto social, sobre o seu efecto no cerebro, no sistema nervioso, na capacidade de condución...



martes, 5 de abril de 2011

Arte contra a violencia de xénero



Con motivo da exposición "Cartas de Amor", o Departamento de Artes Plástica elaborou un par de actividades:





  1. O traballo será levado en parellas.


  2. Cada unha das parellas elixirá unha das obras e comentará os símbolos que lle dan significado a obra.


  3. Ademais terá que relacionar cada un dos cuadros cas seguintes palabras: violencia, posesión, violencia verbal, dobre personalidade, perda de persoanlidade, e celos.


Esta última actividade estará a vosa disposición en breves na aplicación Jclic.