jueves, 19 de mayo de 2011

Fichas de cine

Como sabedes no grupo de traballo fixemos referencia a varias películas, e cas axudas do CEFORE mercamos algúns títulos interesantes para traballar nas titorías;algúns deles están no cartel de cine e titorías.
Tamén buscamos material na rede para traballar esta películas, tendes a fichas de traballo a vosa disposición, podedes solicitalas cando veñades pola película a Biblioteca.
Ademáis recomendámosvos os seguintes enlaces:

http://edukazine.blogspot.com/

http://edukazine.blogspot.com/2008/06/fichas-didacticas-elaboradas-por.html

domingo, 8 de mayo de 2011

LECTURAS RECOMENDADAS

Na Biblioteca dispoñemos de numerosas lecturas relacionada scas titorías pero non deixamos de adquirir fondo referentes a temas de interese como :
" MARÍA Y YO" historieta gráfica autobiográfica, na que se nos narra en primeira persoa a relación dun pai ca súa filla autista. É xenial!
Estamos a elaborar algo sobre a lectura, que moi pronto estará a vosa disposición.








Tamén vos recomendamos outras dúas historietas gráficas cos que tratar temas como a epilepsia ou o sindrome de Down, tamén presentes na nosa Biblioteca.

















DINÁMICA DAS TARXETAS

Pegamos unha tarxeta na fronte dos nosos alumnos uqe os identifique por ejempro; rumano, xitano, alemán, sindrome de dawn, europeo, pijo.....e pedimos que os alumnos paseen pola aula interelacionándose uns cos outros, cada persoa terá ue reaccionar como na vida real, se un pijo ou xitano lle foran a falar.
Despois faremos unha posta en común de como se sentiron cada un, e se sabían que eran.
O tempo para levra a cabo está actividade é de 10 minutos o de interelación e o que dure a posta en común.

XOGOS CON GLOBOS

Tamén realizamos varios xogos con globos, como or exemplo este:


  • En roda cunha pelota de paia, ou no seu defecto globo, ímonos pasando un globo que temos prendido no medio das pernas.

  • Non podemos empregar as másn para nada.

Outro exemplo é este que se realiza por parexas:



  • Temos que subir un globo dende o chán ata a frente sen empregar a frente sen empregar as máns.

OS PITIÑOS

Este xogo consiste en buscar a mamá galiña cos olos pechados, guiándonos só polo pio,pio dos pitiños.
Dinámica:



  • O profesor nomea unha nai pola, os outros participantes non saben quén é, esta permanecerá queda e calada.



  • Os outros participantes os ollos pechados, irán dicindo pio,pio, e apalpando ata atopar a súa nai, cando atopen alguén diranlle "piu,piu" se lle contestan "piu,piu" é un irmao e terán que seguir xogando ata atopar a nai.



  • Cando tocan e non se lles contesta, atoparon a nai, e xa non piarán máis.



  • Cada pitiño que atopa a nai ou a un irmao que está ca nai e non lle contesta, queda mudo, xa non pode piar máis.



  • Así ata que todos estén ca mamá.



Este xogo ten unha variante que é o Drácula:







  • A clase a escuras.



  • Noméase a un Drácula, que terá que ir mordendo (sen mancar ) na gorxa aos seus compañeiros que se transformarán en vampiros e tamén poderán morder ata que toda a clase sexa vampira.



O DIA DO CUMPRE ANOS

Para comprobar que tal se nos da a mímica podemos e ademais coñecer o día que cumpren anos os nosos compañeiros podemos levar a práctica o seguinte xogo:


  • O grupo tense que ordear cronolóxicamente por mes e día.

  • Comenzaremos por xaneiro e finalizaremos por decembro.

  • Non se poderá falar.

TEMPO: de 5 a 10 minutos.


Finalmente comprobamos o resultado.

A LÁMPARA MÁXICA

Atopamos unha lámpara máxica que nos concede tres desexos referentes a nosa vida dentro do centro, ou que teñan que ver co centro.
Nun papel anotamos os tres, ou ben dous reservando por se nos gustase un dos nosos compañeiros e poder pedilo nos tamén
Lemos os desexos en alto, facendo dúas rondas, e anotámolos nunha cartuliña para poñer na clase.

XOGOS DE PRESENTACIÓN

A PELOTA DAS EXPECTATIVAS
Este xogo que vos propoñemos a continuación é un xogo de presentación e de evaluación.
Material:
Lápices e papel.
Dinámica:
Inicialmente individual e despois grupal, colacados en roda.
Pasos:
Os participantes escriben nun papel (CADA UN NO SEU) as expectativas que ten do curso ou da materia.
Dispoñemonos en roda e o profesor inicia o xogo presentándose e decindo as súas expectativas e pásalle a bola a un alumno, este repite o procedemento , e envolve a bola do profe co seu papel, así sucesivamente ata conseguir unha gran bola.
Ao final do curso podemos abrir a bola e ler as nosas expectativas outras vez comprobando se se cumpriron.

XOGAMOS?

Esta seman tivemos o preacer de contar con Belén Piñeiro como docente dentro do noso grupo de traballo, a cal nos ensinou diferentes xogos para poñer en práctica nas nosas titorías. As seguintes entrads dedicarémolas a explicarvos algúns destes xogos, tamén tendes un libro sobre "Xogos cooperativos",de Xesús R. Jares, na Biblioteca do IES onde se comentan diferentes xogos cooperativos, se visisitades o seguinte enlace de Titoreando atoparedes algún ejemplos.
A continuación recomendámosvos dous xogos para traballar sobre as desigualdades, o traballo en equipo e a educación para a paz.
Dinámica de cubos:
http://www.bakelan.net/zarautz/unidades/profesores/ESO%20Segundo%20Ciclo/Sesi%C3%B3n%2012/La%20din%C3%A1mica%20de%20los%20cubos.pdf
http://www.sosracismogranada.org/101materiales/soci/dinamica.pdf
O restaurante do mundo:
http://www.educarueca.org/article.php3?id_article=126
http://www.amnistiacatalunya.org/edu/material/htm/restaurante.html

domingo, 1 de mayo de 2011

17 DE MAIO DÍA INTERNACIONAL DE INTERNET

Con motivo do Día de Internet de INternrt recomendámosvos este sitio sobre os principios e dereitos fundamentais en Internet.
http://www.diadeinternet.org/2011/index.php?body=muro_ppal

MÁIS CINE PARA AS TITORÍAS

No blog que vos recomendamos a continuación on só teredes un montón d etítulos para traballar nas titorías senón que tamén poderesdes atopar películas para s vosas áreas.
Non deixedes de visitalo, tendes tamén o enlace na barra lateral de blog interesantes:
http://edukazine.blogspot.com/2010/06/fichas-didacticas-iii-ciclo-cine-y.html
http://edukazine.blogspot.com/2009/06/fichas-didacticas-ii-ciclo-cine-y.html
http://edukazine.blogspot.com/2008/06/fichas-didacticas-elaboradas-por.html