Mostrando entradas con la etiqueta proxecto interdisciplinar. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta proxecto interdisciplinar. Mostrar todas las entradas

viernes, 22 de abril de 2011

Mediambiente

Como xa sabedes o equipo da Biblioteca propón varias actividades para realizar en Proxecto, pero tamén recomendamos algunha páxinas de interese non só para a Proxecto, senón que tamén poden ser de interese para traballar na titoría.
Como Climática, un web da Xunta moi interesante ou o Proxecto Interdisciplinar levado a cabo polo IES de Guitiriz.

Proxecto Interdisciplinar

No noso IES e habitual que o titor d e1º da ESO ademáis de Proxecto Interdisciplinar , onde a equipo da Biblioteca colabora e coordina, este ano estamos a levar a cabo o proxecto:Coñece a túa comarca. A Ulloa, que se está a materializar nun blog co mesmo no nome.






Ademáis da habitual proxecto de formación de usuarios; Coñece a túa Biblioteca.

Na entrada "As casas do meu pobo" facemos un avance do proxecto Interdisciplinar que nos gustaría levar a cabo para o curso que vén.




jueves, 14 de abril de 2011

As casas da miña aldea

Proponse a seguinte actividade:

1º.-Citar as casas da túa aldea ou parroquia tendo en conta os seguintes aspectos:

__Distinguir as de recente construción das antigas e poñer o nome de todas
__Estudar a relación dos nomes en función coa época de construción da casa
__Clasificar os nomes segundo fagan referencia a oficios, ubicación xeográfica, motes, defectos físicos, estado civil...
__Facer unha referencia especial as "casas sociais": rectoral, casa-escola...
__Dividir as casas en dous grupos: habitadas e deshabitadas . Explicar cal é o motivo polo cal están deshabitadas.

2.- Realizar pequenas maquetas do pobo, antes e despois.

3.- Facer un blog co material elaborado.