Mostrando entradas con la etiqueta Día da Paz. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día da Paz. Mostrar todas las entradas

miércoles, 2 de febrero de 2011

Día da Paz na titoría

Propoñemos traballar a canción de Cómplices, Verdad que sería estupendo, utilizando o significado das palabras polisémicas: espadas, escudo, tanque, bases, escuadras, gatillos, apuntar, disparar, phersing, bombas, sirenas, granadas, alarma, pólvora y arma.
Propoñemos traballar a canción do seguinte xeito:


  • Anotamos as palabras na pizarra e imos poñendo as diferentes acepcións.

  • Entregamos a letra da canción para suliñar as palabras polisémicas.

  • Visionamos o video.


  • ¿Por que se omite na letra da canción a acepción negativa?

  • Volvemos ó primeiro punto para comprobar si hai máis acepcións positivas ou negativas. REFLEXIÓN.

domingo, 9 de enero de 2011

DEREITOS DOS NENOS

Na seguinte entrada agasállovos cun video precioso sobre os nenos e a guerra foi dirixido por Sejong Park no 2004. Está ambientado na guerra de Corea [1950-1953], pero dende a mirada de Manuk, un neno que xoga nas rúas do seu pobo. O contraste entre a realidade e a inocencia do cativo fan da obra unha peza de arte, premiada como mellor corto animado en importantes festivales como Siggraph 2004, BAFTA 2005 entre otros e nominado a os Oscar 2005.




Suxerencias agora de traballar o corto (sempre por escrito) :
TEMA
ARGUMENTO
PERSONAXE (DESCRIPCIÓN DA PERSONAXE)
CONCLUSIÓN OU APRENDIZAXE
INVESTIGACIÓN SOBRE A GUERRA DE COREA:
STTÚA COREA NO MAPA
CRONOLOXÍA DO CONFLICTO (PRINCIPIO E FINAL)
CAUSAS DO CONFLICTO

sábado, 8 de enero de 2011

DIA DA PAZ

Este ano para o día da paz queremos ter terminado un traballo, sobre o Guernica de Picasso para recordar a sufrimento e dor que producen as guerras.
As actividades previstas polo Grupo de Traballo da Biblioteca son realización do cadro de Picasso para expoñelo na entrada, así como o estudo da obra.
Podedes enviar os vosos alumn@s a que visiten a exposición e esa semana falar sobre o cadro e o suceso.
A continuación tendes un video para traballar sobre o tema, o video é máis para os de Bacharelato.


Neste video ademáis dunha rápida visión da obra de Picasso vemos como a dor e os medos é vencido pola beleza, a esperanza e a paz.
Se vos gusta este tema podedes empregar esta magnífica macroactividade creada por Nestor Alonso, Guernica Crónica del Horror. Os que teñades vena artística podedes propoñer unha reinterpretación do cadro.

Outro video que vos propoño para traballar é o seguinte:

El titiritero from Miguel Gómez on Vimeo.