jueves, 27 de enero de 2011

Dereitos Humanos e lectura



Escollemos o relato "travesía en branco e negro " de Antonio Reigosa do libro Ninguén está só para traballar a lectura comprensiva e relacionar o texto cos contidos transversais do currículo.

As actividades están na carpeta de titoría de 3º da ESO.

E agora qué...?

Buceando pola rede atopei unha blog, de Inmaculada Ruíz, Yo no quería ser tutor (ni tutora) que no vos podedes perder, ten moito material de interese tanto propio, enlaces, webquest, e moito, moito, máis.
Nesta entrada recoméndovos un par de webquest par 4º da ESO, onde o alumnado pode ver as posibilidades ao terminar 4º,tamén elaboradas por Inmaculada Ruíz.
"Yo me apunto al Bachillerato"
"¡ Yo quiero currar, ya!"

VIOLENCIA DE XÉNERO

O cine serve moitas veces para tratar temas que nos preocupan e pode facernos pensar. En 4º de ESO podemos introducir o tema cun curto, no que os protagonistas sexan cercanos aos nosos alumnos, rapaces e rapazas da súa idade.
Trátase dun curto realizado por Chus Gutiérrez titulado SIN PENSARLO DOS VECES.

Despois de visualizar o curto pódese reflexionar sobre a detección de malos tratos xa nas relacións adolescentes. Para iso hai un material recomendable na carpeta de titorías de 4º curso.

Unha película axeitada para tratar este tema é Te doy mis ojos, dirixida por Icíar Bollaín, da que tedes dúas fichas para traballar cos vosos alumnos na aula virtual de 4º .


Unha vez vista a película pode ser interesante botarlle un vistazo a unha banda deseñada feita por unha muller maltratada: Rosalind B. Penfold. ¿Qué fases, descritas por esta muller, aparecen reflectidas na película? Esta pode ser unha maneira de sacarlle partido ao visionado do filme.

domingo, 9 de enero de 2011

ESTRATEXIAS DE ENSEÑANZA

Para que os/as rapazas comprendan o importante de perseverar nunha idea, e o gratificante de facer algo por se mesmos podedes traballar con este video:

DEREITOS DOS NENOS

Na seguinte entrada agasállovos cun video precioso sobre os nenos e a guerra foi dirixido por Sejong Park no 2004. Está ambientado na guerra de Corea [1950-1953], pero dende a mirada de Manuk, un neno que xoga nas rúas do seu pobo. O contraste entre a realidade e a inocencia do cativo fan da obra unha peza de arte, premiada como mellor corto animado en importantes festivales como Siggraph 2004, BAFTA 2005 entre otros e nominado a os Oscar 2005.




Suxerencias agora de traballar o corto (sempre por escrito) :
TEMA
ARGUMENTO
PERSONAXE (DESCRIPCIÓN DA PERSONAXE)
CONCLUSIÓN OU APRENDIZAXE
INVESTIGACIÓN SOBRE A GUERRA DE COREA:
STTÚA COREA NO MAPA
CRONOLOXÍA DO CONFLICTO (PRINCIPIO E FINAL)
CAUSAS DO CONFLICTO

AS APARIENCIA ENGANAN

Este Nadal estiven a buscar un corto para traballar cos meus alumn@s de 3º ESO sobre a convivencia, as aparencias e dar sen recibir.
E atopei dous curtos xeniais paa debatir o tema:

O primeiro é o de Fabrice Joubert un Corto nominado aos Oscar 2010:

E o segundo un curto de Eduardo Suazo:










Dúas perspectivas diferentes para traballar o mesmo.

QUE CAMIÑO ELEXIR

Se queredes traballar a toma de decisións podedes traballar este curto:

NON TE RINDAS NUNCA

Se queres traballar a autoestima e a motivación recoméndovos este video:

sábado, 8 de enero de 2011

DIA DA PAZ

Este ano para o día da paz queremos ter terminado un traballo, sobre o Guernica de Picasso para recordar a sufrimento e dor que producen as guerras.
As actividades previstas polo Grupo de Traballo da Biblioteca son realización do cadro de Picasso para expoñelo na entrada, así como o estudo da obra.
Podedes enviar os vosos alumn@s a que visiten a exposición e esa semana falar sobre o cadro e o suceso.
A continuación tendes un video para traballar sobre o tema, o video é máis para os de Bacharelato.


Neste video ademáis dunha rápida visión da obra de Picasso vemos como a dor e os medos é vencido pola beleza, a esperanza e a paz.
Se vos gusta este tema podedes empregar esta magnífica macroactividade creada por Nestor Alonso, Guernica Crónica del Horror. Os que teñades vena artística podedes propoñer unha reinterpretación do cadro.

Outro video que vos propoño para traballar é o seguinte:

El titiritero from Miguel Gómez on Vimeo.

CREAR HISTORIAS

Dentro do apartado "ler para emocionar" do G.T. propóñovos a seguinte actividade, visionar o seguinte curto do director Juan Pablo Echeverry, A flor máis grande do mundo, baseada no único conto para nenos que escribiu José Saramago, atopado na da páxina flocostv .

LECTURA NAS TITORÍAS

Un dos obxectivos deste grupo de traballo é buscar e crear material para traballar cos nosos alumn@s diversos temas de diferentes formas. Na seguinte entrada propóñovos un actividade para facer cos vosos rapaces, na que durante un mes leredes "A aventura de Said" e durante e despois da lectura realizaremos actividades sobre o mesma.
A continuación tamén vós proporciono un corto dirixido por Coke Rioboo, este corto de animación gañou o Goya na categoría "Cortos de Animación 2007".

Coke Riobóo (2007) "El Viaje de Said" from Nicolás Cavallo on Vimeo.

CANDO NON SEPAS QUE FACER


O outro día atopei unha weeb interesantísima sobre moitos temas tocantes as titorías creada por Ángel Sáez, chmada " Tutores al borde de un ataque de nervios" non ten desperdicio, demáis de dedicarlle esta entrada tamén vola vou a poñer nunha gatget( son as que están na mán dereita do blog, xunto co arquivo de entradas e os peixes) co nome de: moitos, moitos recursos.