jueves, 27 de enero de 2011

VIOLENCIA DE XÉNERO

O cine serve moitas veces para tratar temas que nos preocupan e pode facernos pensar. En 4º de ESO podemos introducir o tema cun curto, no que os protagonistas sexan cercanos aos nosos alumnos, rapaces e rapazas da súa idade.
Trátase dun curto realizado por Chus Gutiérrez titulado SIN PENSARLO DOS VECES.

Despois de visualizar o curto pódese reflexionar sobre a detección de malos tratos xa nas relacións adolescentes. Para iso hai un material recomendable na carpeta de titorías de 4º curso.

Unha película axeitada para tratar este tema é Te doy mis ojos, dirixida por Icíar Bollaín, da que tedes dúas fichas para traballar cos vosos alumnos na aula virtual de 4º .


Unha vez vista a película pode ser interesante botarlle un vistazo a unha banda deseñada feita por unha muller maltratada: Rosalind B. Penfold. ¿Qué fases, descritas por esta muller, aparecen reflectidas na película? Esta pode ser unha maneira de sacarlle partido ao visionado do filme.

No hay comentarios:

Publicar un comentario