Dinámica:
- O profesor nomea unha nai pola, os outros participantes non saben quén é, esta permanecerá queda e calada.
- Os outros participantes os ollos pechados, irán dicindo pio,pio, e apalpando ata atopar a súa nai, cando atopen alguén diranlle "piu,piu" se lle contestan "piu,piu" é un irmao e terán que seguir xogando ata atopar a nai.
- Cando tocan e non se lles contesta, atoparon a nai, e xa non piarán máis.
- Cada pitiño que atopa a nai ou a un irmao que está ca nai e non lle contesta, queda mudo, xa non pode piar máis.
- Así ata que todos estén ca mamá.
Este xogo ten unha variante que é o Drácula:
- A clase a escuras.
- Noméase a un Drácula, que terá que ir mordendo (sen mancar ) na gorxa aos seus compañeiros que se transformarán en vampiros e tamén poderán morder ata que toda a clase sexa vampira.
No hay comentarios:
Publicar un comentario